Megaprojects and community conflicts in A Corunha, Galicia, Spain

This article, in Galician language, addresses the history of rural neiborghood in the bounds of the city of A Corunha and how it has suffered from different megaprojects that threaten its mere existence. The article refrences a arquitect project led by Ergosfera, a group of architets and how they claim a greater attention to heritage beyond the “academic” concept in order to incorporate those things that really makes the difference in a given city.

“O grupo de arquitectos e arquitectas Ergosfera levaron a cabo unha investigación –Cousa de Elviña– sobre as orixes, o presente e o futuro do conflito entre os habitantes de Elviña e os desenvolvementos urbanísticos da cidade, tomando como base estas dúas vivendas e a súa contorna (A Pereiroa). O proxecto foi realizado no marco do programa Expontáneas da Concellaría de Cultura da Coruña, e é tamén unha exposición que xa se puido ver a semana pasada na sede do Concello, que está actualmente no local da Concellaría de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda (no barrio de Montealto), e que entre o 18 e o 22 de xullo estará na sede coruñesa do Ministerio de Fomento.

A intervención urbana formulada ten quizais uns obxectivos pouco relevantes na súa materialización formal, pero moi ambiciosos en canto á fenda que tenta abrir: a introdución de dúbidas no pensamento institucional sobre o valor e a lexitimidade destas cousas urbanas sen importancia aparente”, destacan dende o colectivo…En toda cidade hai moitísimos núcleos de orixe preindustrial, e todos teñen enriba a ameaza do urbanismo. Hai que comezar a entender que o patrimonio non é só aquilo que os académicos digan, senón que o patrimonio é todo aquilo que implica unha diferenza na cidade. Nós non valoramos estas casas como un recordo do que foi o mundo rural, antigo, senón que as destacamos como un valor de futuro. Ti imaxina dentro de 50 anos, nunha Alfonso Molina convertida en avenida, a diferenza que establecerían estas casas en relación cos edificios modernos que as rodean. Debemos cambiar o concepto de patrimonio, para non defender só as cousas polo que foron, senón tamén polo que son”, subliña”

 

 

Xaquin S. Pérez-Sindin López Avatar

About the author

Discover more from Social science perspectives on climate change and development

Subscribe now to keep reading and get access to the full archive.

Continue reading