O paro, non só non baixa senón que sube e moito

Posted by

·

O ministerio ven de publicar a evolución do número de parados rexistrados (non é o mesmo que taxa de paro) no mes de agosto, indicando entre outras cousas que Galicia á a CCAA na que máis se reduce (-2.932). Feito do que se fai eco La Voz de Galicia con un gran titular “Baja el paro en Galicia”. Sin entrar a valorar a consistencia de tal afirmación (teño as miñas dúbidas), baste dicir que se tomamos como referencia o mes de agosto do ano 2011, dedúcese que as cifras de parados aumentan preto do 15%, ou 30% se tomamos como referencia agosto de 2009. Isto si da para un titular.

Evolución do paro rexistrado en Galicia
2009/Agosto 195.241
2010/Agosto 211.532
2011/Agosto 224.582
2012/Agosto 257.267
Variación con relación Agosto 2011 14,55%
Variación con relación a Agosto 2009 31,8%

Unha vez que se publiquen os datos definitivos por CCAA será interesante facer unha comparativa da evolución interanual. Será en próximas entradas.

Xaquin S. Pérez-Sindin López Avatar

About the author

Discover more from Social science perspectives on climate change and development

Subscribe now to keep reading and get access to the full archive.

Continue reading