Desde o comezo da crise ven sendo habital escoitar cousas como “en Galicia non estamos tan mal, porque se vas por aà adiante…”. E rápidamente se fai referencia á taxa de desemprego, que a pesar de ser alta no contexto europeo, mantense por baixo da media española (ver primeira columna na táboa). Mais este tipo de teseturas poderÃan non reflictir a magnitude real do problema laboral en Galicia. Existe outro indicador, como é a taxa de actividade que resulta determinante para ter unha radiografÃa clara do mercado laboral pero que a miúdo é omitido nas análises. É dicir, a porcentaxe de poboación ocupada ou en disposición de estalo.
A taxa de envellecemento adoita condicionar a taxa de actividade. AsÃ, poboacións relativamente envellecidas tenderán a rexistrar uns porcentaxes de poboación activa menor. Mais este non é a única variable influinte. Existen outras, de tipo social e cultural que resultan determinantes. RefÃrome ao nivel de incorporación da muller ao mercado laboral, as relacións interxeracionais ou unha sorte de tradición emigratoria. Todos eses factores poden chegar a adelgazar enormemente a taxa de atividade dunha comunidad dada.
Isto á súa vez poderÃa derivar nunha taxa de desemprego relativamente baixa, polo mero efecto de existir menos xente na procura de emprego. AsÃ, a taxa de inactividade, que en Galicia é a máis alta de España despois de Asturias e Estremadura (ver táboa), virÃa a indicar que a presión sobre o mercado laboral é menor debido a un menor número de demandantes de emprego. Noutras palabras, a relativamente baixa taxa de desemprego de CCAA como Galicia ou Asturias, está fortemente condicionada pola estrutura social e demográfica.
Que ocorrerÃa se a taxa de inactividade se mantivese constante? A terceira columna mostra a taxa de desemprego no suposto de que todas as CCAA rexistrasen unha taxa de actividade do 68% (cifra máxima acadada por Baleares). Foron utizados os datos da Enquisa de Poboación Activa do Instituto Nacional de EstadÃstica referidos ao segundo trimestre de 2012. Como se pode observar, a taxa de desemprego resultante (“experimental”) situarÃa a Galicia entre as sete CCAA con máis desemprego e máis de dous puntos por riba na media estatal.
A pesar do seu carácter experimental, os resultados obtidos convidar a reflexionar sobre os inconvenientes de diagnosticar os males do mercado laboral en base simplemente á taxa de desemprego. Omitir a porcentaxe de poboación activa pode levar a erros de interpretación. Baixas taxas de desemprego poden ocultar tras de si situacións laborais indesexables como unha baixa actividade laboral entre as mulleres ou altas taxas de emigración entre a poboación nova. Este é precisamente o caso de Galicia.
Obsérvase que Galicia sitúase no grupo das Comunidades máis afectadas polo desemprego, 2,5 puntos por riba da media nacional.
| Taxa de inactividade | Taxa de desemprego | Taxa de desemprego experimental | ||||||||
| 1º | Asturias | 47,50 | 1º | AndalucÃa | 33,92 | 1º | Extremadura | 46,85 | ||
| 2º | Extremadura | 45,76 | 2º | Extremadura | 33,37 | 2º | AndalucÃa | 42,59 | ||
| 3º | Galicia | 44,64 | 3º | Canarias | 33,14 | 3º | Asturias | 39,04 | ||
| 4º | Castilla y León | 44,27 | 4º | C. La Mancha | 28,72 | 4º | C. La Mancha | 38,57 | ||
| 5º | Cantabria | 43,82 | 5º | Valencia | 27,10 | 5º | Canarias | 37,92 | ||
| 6º | PaÃs Vasco | 42,26 | 6º | Murcia | 26,19 | 6º | Valencia | 35,98 | ||
| 7º | C. La Mancha | 41,40 | 7º | Total Nacional | 24,63 | 7º | Galicia | 35,74 | ||
| 8º | AndalucÃa | 40,92 | 8º | Rioja, La | 22,74 | 8º | Castilla y León | 34,24 | ||
| 9º | Aragón | 40,64 | 9º | Cataluña | 21,95 | 9º | Total Nacional | 33,41 | ||
| 10º | Valencia | 40,29 | 10º | Balears | 21,27 | 10º | Murcia, Región de | 32,34 | ||
| 11º | Rioja, La | 40,28 | 11º | Galicia | 21,07 | 11º | Rioja, La | 32,14 | ||
| 12º | Total Nacional | 39,92 | 12º | Asturias | 21,04 | 12º | Cantabria | 31,74 | ||
| 13º | Navarra | 39,55 | 13º | Castilla y León | 19,76 | 13º | Aragón | 28,97 | ||
| 14º | Cataluña | 37,90 | 14º | Madrid | 18,86 | 14º | Cataluña | 28,72 | ||
| 15º | Murcia | 37,67 | 15º | Aragón | 18,63 | 15º | PaÃs Vasco | 27,46 | ||
| 16º | Canarias | 36,86 | 16º | Cantabria | 17,38 | 16º | Navarra | 25,70 | ||
| 17º | Madrid | 35,46 | 17º | Navarra | 16,42 | 17º | Madrid | 23,00 | ||
| 18º | Balears | 32,46 | 18º | PaÃs Vasco | 14,56 | 18º | Balears | 21,79 | ||