Orzamento Participativo en San SadurniƱo

Posted by

Ā·

O Orzamento Participativo é un mecanismo mediante o cal os veciños dun concello realizan propostas de actuación co fin de que estas sexan incluídas nos ornamentos municipais.

A súa orixe hai que situala en Finlandia hai aproximadamente 20 anos, aínda que foi a partir da experiencia de Porto Alegre (1989) cando foron gañando presenza no Ômbito de latinoamérica e Europa.

Con relación ao Estado español, cabe destacar as experiencias levadas a cabo en Sevilla, Albacete, San SebastiÔn, MÔlaga, Córdoba entre outras cidades. (+info presuspuestosparticipativos.com)

E a nivel galego…pois parece que desde o pasado sĆ”bado 13 de setembro, o noso paĆ­s perdeu a sĆŗa ā€œvirxindadeā€. E non foi na CoruƱa, ni en Vigo, nin en Pontevedra.. nonĀ”, foi en San SadurniƱo, concello situado ao Norte da provincia da CoruƱa.

Ademais, o seu carÔcter rural outórgalle aínda maior trascendencia, pois a gran maioría das experiencias, tanto a nivel estatal como internacional, levÔronse a cabo en entornos urbanos.

O pasado sÔbado 13 de setembro tiven a sorte de participar, en calidade de técnico da consultaría Proxectos, na presentación oficial do Orzamento Participativo deste concello. Tiven o honor, porque non dicilo, de expoñer, xunto co meu compañeiro Pepe Grandal, as bases reguladoras de todo o proceso.

Existe un rumor moi estendido de que as empresas de consultarĆ­a adoitan recorrer en innumerables ocasións ao “copia e pega” para facer os seus traballos. Ben, a este respecto teƱo que dicir tres cousas. Primeiro, que Ć© certo, segundo que non Ć© tan fĆ”cil e terceiro que non sempre Ć© asĆ­. ExplĆ­come. Evidentemente, se a información que un consultor estĆ” a buscar na rede xa existe e Ć© exactamente igual ao que un busca, pois coƱo, o lóxico Ć© copiar. Pero na maior parte dos casos isto non Ć© asĆ­, polo que aĆ­nda que un pode copiar algunhas cousiƱas, o verdadeiramente complexo de todo isto Ć© saber adaptar a gran información existente hoxe en dĆ­a Ć” realidade obxecto de estudo. Por outra parte, tamĆ©n Ć© posible que determinados temas sexan imposibles de copiar, polo simple feito de non existiren información ao respecto.

Cando os membros da Ɓrea de Investigación Social Aplicada (Carlos, Diana e mĆ”is eu) de Proxectos comezamos a deseƱar o proceso participativo (xunto cos tĆ©cnicos e representantes polĆ­ticos municipais) recadamos gran cantidade de información sobre Orzamentos Participativos realizados noutros concellos de EspaƱa ou AmĆ©rica latina, principalmente. A conclusión foi: ā€œnon hai dous Orzamentos Participativos iguaisā€, Ć© dicir, dependendo das caracterĆ­sticas de cada territorio, as regras que regulan o proceso mudan completamente.

Neste contexto, e ante a inexistencia de experiencias previas en Galicia a situación de partida requiría incorporar a perspectiva do rural galego e introduciren unha serie de regras que remataran por regular, do xeito mÔis xusto, todo o proceso.

Foi asƭ como se deseƱaron as Bases Reguladoras, documento inicial para unha experiencia piloto, que agardamos recolla todos aqueles aspectos relevantes para un bo desenvolvemento deste iniciativa municipal.

O que en MÔlaga podía significar asemblea de barrio, en San Sadurniño convértese en asemblea parroquial. Mentres que a poboación pode resultar o único criterio a ter en conta no reparto dos orzamentos entre os barrios de Córdoba, en San Sadurniño cumpría engadir unha serie de criterios, como o número de núcleos ou a extensión das propias parroquias, habida conta da gran dispersión poboacional do rural galego.

TrÔtase, en definitiva, dun proxecto innovador que agardamos teña toda a transcendencia mediÔtica que se merece para que serva de exemplo en outros moitos concellos do noso país, en aras dun novo concepto de democracia alén da participación electoral.

Agardo que todo saia ben e que dentro dunhas semanas poda volver a escribir neste blog contĆ”ndovos o Ć©xito, que dalgunha maneira xa tivo, o Orzamento participativo en “Sansa”.

Ligazón relacionada: http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=5&idNoticia=342589

Xaquin S. Pérez-Sindin López Avatar

About the author

Discover more from Social science perspectives on climate change and development

Subscribe now to keep reading and get access to the full archive.

Continue reading